Vizcaíno

artesa-de-arte-vizcaino

Vizcaíno chega á escea musical española co seu primeiro traballo de estudio: “Alas de Papel”, un disco maduro, caracterizado por un son e estilo propios.

Dez cancións que de puño e letra, sinais da súa identidade coma cantor e autor galego, forman un álbum eléctrico con tintes acústicos.

Vizcaíno encargouse de tocar, cantar, grabar, mesturar e optimizar o disco, contando coa colaboración de amigos de recoñecida traxectoria musical coma Tito Calviño, Roi Maceda, Alfredo González, Simón L. Caldeiro, Lucía Pérez e o arxentino Martín Angulo.


A finais do 2012 embarcouse nunha xira por América, que durante 5 meses tívoo percorrendo diferentes escearios de Colombia, Perú, Bolivia, Chile, Arxentina, Uruguay e Brasil, destacándose a súa aparición no Festival Invasión Cultural de Bogotá. A mediados do 2013 comeza as sesións de grabación de “Alas de Papel”, o que ve a luz en Febreiro do 2014.

Logo da exitosa presentación oficial en Sarria (Lugo), Vizcaíno viaxa cara Arxentina para brindar unha xira de doce concertos organizados pola produtora local Retrovan Records, coa que xa traballara na súa anterior visita e coa que realizou o videoclip de “Por esta vez”, primeiro single do disco. Ademáis da boa resposta do público, é de destacar a filmación dun concerto exclusivo para os seus fans arxentinos e a realización do videoclip de “Alas de Papel”, a mans das produtoras fílmicas Inny Producciones e On-Iris ADV.

Actualmente Vizcaíno continúa a presentar as súas cancións por diferentes escearios da xeografía española.