Novas

Trailer oficial de “El Desconocido”

Vírase xa o avance do comezo na sección 5 Minutos de Cine do Festival de Cine de Málaga e agora témolo para todos.

O trailer da película El Desconocido, do guionista de “Mientras duermes” e dirixida por Dani de la Torre, é un thriller protagonizado por Luis Tosar, no que tamén están Javier Gutiérrez, Elvira Mínguez, Fernando Cayo e Goya Toledo, participantes tamén en candanseus largometraxes “La isla mínima”, “Tapas”, “El orfanato” e “Las 13 rosas”.

Un filme rodado na Coruña, cidade que poucas veces se deixa ver no cinema e que por iso tamén ten un extra para nós, producido por Vaca Films e Atresmedia Cine, coproducido por La Femme Productions e participado tamén pola Televisión de Galicia, Atresmedia e Canal+ España e Francia.

Distribúea Warner Bros Pictures España e verá a luz para outono.

Nós xa estamos desexando que chegue o momento de ver esta longametraxe. E ti?

Polo de agora, o que nos queda é o trailer 🙂

Amosar máis
Close

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /home/artesadearte/www/wp-includes/functions.php on line 3778

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /home/artesadearte/www/wp-includes/functions.php on line 3778