Novas
Tendencias

Todo pintado de plata di adeus no Teatro Rosalía

O venres, 16 de marzo, ás 20:30

Todo pintado de plata báixase dos escenarios. A culpa: de Silvia Penide, que terá pola súa casa o Teatro Rosalía de Castro da Coruña para despedilo por todo o alto. E coma boa anfitrioa, convídanos a compartir con ela unha despedida gozosa.

Vaise o seu disco Todo pintado de plata, co que foi galardoada no 2016 co Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista Pop/Indie; pero sen descanso, xa na vindeira semana, comezará a gravación en Madrid do seu sétimo traballo de estudo: El efecto Boomerang. Farao nos estudos do coñecido produtor David San José.

Silvia Penide - Casa-Museo Casares Quiroga - Artesa de ArteE como en toda celebración, Silvia Penide convidou a amigas e amigos a participaren desta festa. Carla López estará durante toda a actuación no teclado e segundo medre a noite, achegarán o seu bo facer Guadi Galego, Paula Rey, Ana Lee, Cincoparedes, Víctor Iglesias, Natalia Navaza…

Como ves, será unha noite prateada, desas que chegan ás nosas vidas e quedan na memoria. Unha despedida como todas deberan: chea da ledicia que supoñen o agradecemento aos logros pasados e abrir a porta aos que están por vir.

Dende Artesa de Arte, queremos unirnos a esta celebración e que o fagas ti tamén. Por iso, non queremos que quedes sen a túa entrada, que se pode mercar anticipada picando acó ou na praza de Ourense. Tamén poderás mercala ás portas do Teatro.

Todo pintado de plata deixa paso a El efecto Boomerang

Todo pintado de plata déixalle a Silvia unha etapa de pasiños cara diante e o recoñecemento, xa non só do público, senón tamén do propio sector artístico.

Agora, chea de toda esa boa enerxía xerada neste período, Silvia Penide entra nos estudos de David San José para gravar El efecto Boomerang, un traballo de cancións de ida e tamén de volta, temas que axudan, aledan e fan medrar. E que xa nos tarda.

>> DALLE ACÓ SE AÍNDA NON TES A TÚA ENTRADA <<

Amosar máis

Deixa unha resposta

Close

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /home/artesadearte/www/wp-includes/functions.php on line 3778

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /home/artesadearte/www/wp-includes/functions.php on line 3778