artesa-de-arte-susi-roses-c

Susi Roses

artesa-de-arte-susi-roses

Amante da lectura, Susi Roses creceu rodeada dos grandes clásicos da literatura xuvenil (Verne, Stevenson, Blyton…), para logo mergullarse nos mundos de Isabel Allende ou Gabriel García Márquez, moito antes ca outros nenos da súa mesma idade.

O pracer da lectura sempre acompaña a Susi Roses cabo da necesidade de xogar a ser escritora e por iso enchía a súas libretas con pequenos versos ou contos curtos.

Xa na madurez e nos últimos anos, coincidindo cunha etapa máis íntima e introspectiva, comezou a publicar os seus poemas e contos curtos nas redes sociais ata o punto de crear o seu propio blogue.

Escribir supuxo para ela o mecanismo para liberar e desintoxicarse de todo o negativo. E a forma de dotar de certa realidade a unha persoalidade soñadora coma a súa.

A idea de unificar todos os seus poemas do blogue neste primeiro poemario “Entre Sueños“, escrito en español, aconteceu tra-lo nacemento de “Ediciones CZ”, un proxecto adicado á edición e publicación de obras noveis.
Grazas aos amigos da editorial e ás fantásticas ilustracións de Daniel Rubio, puido sair á luz esta pequena obra, dotada dun estilo sinxelo pero moi persoal e íntimo. Susi Roses en estado puro.

A Sona de Susi vai escorréndose polo territorio español participando recentemente cun relato curto no libro “¿Y si gana Podemos?“, onde comparte letras e espazo con outros cinco escritores contando cadansúa hipotética historia partindo dun feito común: A victoria de Podemos nas eleccións xerais españolas.