artesa-de-arte-strazz-c

STRAZZ

artesa-de-arte-strazz

ELECTRIFICANTE  –  MÁXICO  –  ENERXÉTICO

STRAZZ é un Dúo Musical formado no ano 200 por Marta Prieto e Jose Rojas.

Os seus comezos profesionais xurdiron coa gravación do tema Who Do You Love?, que se incluíu no famosísimo e Súper Vendas Recopilatorio Los Número 1 de Crónicas Marcianas.

Os seus momentos máis salientables son:

  1. Lanzamento do seu primeiro disco titulado ELEKTROSCHOK na primavera do 2005 con selo discográfico.
  2. STRAZZ acada o posto nº 3 de vendas de singles en España co seu segundo sinxelo WIDESCREAM.
  3. Posto nº 4 de vendas en España co seu terceiro sinxelo en inglés WHO DO YOU LOVE?
  4. Postos Nº 1 nas emisoras nacionais máis importantes de música dance de España cos seus sinxelos WIDESCREAM, WHO DO YOU LOVE?, SABES TÚ?/I CAN’T GO ON e BANDIDO.
  5. Presentación do seu tema NO ME RENDIRÉ a Eurovisión 2006.
  6. Clasificados nos Premios MESTRE MATEO do Audiovisual Galego cos seus videos SABES TÚ?/I CAN’T GO ON, Frío, Mientes, Héroes e Widescream.
  7. Concertos por toda España e parte de Europa como Viena, Bratislava, Italia, Alemaña, etc.
  8. Únicos artistas españois que estiveron compartindo esceario con Danii Minogue (irmá de Kylie Minogue), en España.
  9. Lanzamento no 2010 do segundo álbum de estudo, titulado HEROES.

Toda a carreira de STRAZZ estivo sempre vencellada a unha imaxe diferente, orixinal e chea de polémica, suscitando sempre a dúbida sobre os seus xéneros respectivos, pero ao mesmo tempo son sempre referente dunha calidade na súa música e letras, recoñecida pola crítica española.

  • MTV España“Dúo musical con mucha energía y con una imagen impactante. El disco está lleno de buenos temas, con una producción musical impecable.”

STRAZZ no 2015 atópase inmerso na creación do seu terceiro álbum de estudo que verá a luz no 2016.

  • s