Sorteo exprés dun convite dobre!

Si amigos, hoxe, dende agora e ata as dez da noite, sorteamos un convite dobre para asistires de balde ao III Concurso de Canto e Perscusión Tradicional Traspés, que se celebrará mañá, 10 de Maio, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo. Conta con dúas xornadas, unha de mañá ás 11 e a de tarde ás 17 horas.

As entradas no portelo serán a 3 € por xornada, 5 € co acceso para as dúas, pero con estes convites poderás asistir de balde ás dúas :)

O Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, nace como resposta á necesidade de dar auxe a eventos que promovan a cultura galega e que sirvan ademáis, de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións adicadas á recuperación e conservación do noso folclore. Esta necesidade non cuberta na zona sur de Galiza, así como a grande afluencia de colectivos que moven este tipo de eventos noutras provincias galegas, levou á Asociación Cultural Traspés a cubrir este baleiro cultural.

Por iso, queremos contribuir para que esta festa chegue a máis e poida consolidarse no tempo, como xa está a facer, co bo traballo das xentes que desinteresadamente, loitan a cotío pola supervivencia dunha cultura e dunha identidade que doutro xeito condenaríase ao esquecemento.

III-Concurso-de-Canto-e-Percusión-Tradicional-Traspés

Se queres conseguir estes dous convites, só tes que nos enviar un mail antes das dez desta noite a falamos@artesadearte.es co asunto TRASPÉS, indicando o teu nome completo e DNI. Ao final do dia, porémonos en contacto pola mesma vía co gañador.

Moita sorte a todos, unha aperta e moita cultura!!

Os participantes no concurso son:

Categoría A (ata 11 anos)

  • PIPIRITEIROS, da A. V. C. Casco Vello (Vigo) / Serán en Moscoso (Pazos de Borbén)
  • VESADINHA, da A. C. A Mámoa de Luou (Teo) / Canto, jota e muiñeira de Liñares (Avión)
  • SOALLEIRIÑOS, da A. C. A. de Dorrón (Sanxenxo) / Canto, pateado e muiñeira de Lestón (Muros)
  • OS PEQUERRECHOS, da A. C. Froles Mareliñas (Redondela) / Canto, dous pasos e xota de Toutón (Mondariz)
  • LARETAS, da A. C. F. Tarambainas (Vigo) / Jota e moliñeira de Candín (Candín)
  • ESCOLA DE PANDEIRETA do C. E. I. P. do Hío (Cangas do Morrazo) / Cantares do Prego (Verdillo – Carballo)
  • GRUPO B, da A. C. Rosalía de Castro (Teo) / Ruada de Liñares (Avión)
  • SEIXEBRA, da A. C. Seixebra (Moraña) / Jota e ribeirana de Folgoso (Cerdedo)

Categoría B (de 12 a 16 anos)

  • TITIRITEIRAS, da A. C. F. Tarambainas (Vigo) / Canto, muiñeira, maneo e agarrado de Bardáns (Tordoia)
  • AS XOANIÑAS, da A. C. Froles Mareliñas (Redondela) / Xota e muiñeira de Liñares (Avión)
  • SOALLEIRA, da A. C. A. de Dorrón (Sanxenxo) / Canto de arrieiro, jota e muiñeira de Ameixenda (Cee)
  • GRUPO A, da A. C. Rosalía de Castro (Teo) / Ruada de Meixide (Boborás)
  • TOLERÍAS, da C. C. A. D. de Areas (Ponteareas) / Serán en Toutón (Mondariz)
  • GRUPO C da Escola de muiñeira Cantigas e Agarimos, da A. F. Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) / Maneo muiñeira e pasodoble de Imende (Carballo)
  • FERRIÑAS BRAVAS, da A. C. F. O Fiadeiro (Vigo) / Xota e muiñeira de Folgoso (Xinzo de Limia)
  • LINA E LOLA, da A. C. Peis d’Hos (Cangas do Morrazo) / Cantares de Laíño (Dodro)
  • SEIXEBRA, da A. C. Seixebra (Moraña) / Jota e muiñeira de Barrio (Rodeiro)
  • FAÍSCAS, da A. C. A Mámoa de Luou (Teo) / Canto, xota e muiñeira de Bembibre (Val do Dubra)
  • VAI DE RODA, da A. M. B. T. Vai de Roda (Rianxo) / Cantares de Cardelle (Boborás)

Categoría C (de 17 anos en adiante)

  • GRUPO G da Escola de muiñeira Cantigas e Agarimos, da A. F. Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) / Canto, jota, muiñeira e rumba de Zobra (Lalín)
  • MENIÑAS, da A. C. F. Tarambainas (Vigo) / Canto, pateado e muiñeira de Carcacía (Padrón)
  • LUMIEIRAS, do C. C. A. Rueiro (Vigo) / Serán de Queimadelos (Mondariz)
  • TARAVELA, da A. X. Xiradela (Arteixo) / Pandeiretada de Vieite (Coristanco)
  • BOUZACOVA, da A. V. O Freixo (Vigo) / Xota e muiñeira de Moscoso (Pazos de Borbén)
  • GRUPO A da Escola de muiñeira Cantigas e Agarimos, da A. F. Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) / Maneo e muiñeira de Silván (Coristanco) e pasodoble de Sísamo (Carballo)
  • ARGALLO, da A. C. Xacarandaina (A Coruña) / Valse e moliñeira de Degrada e xota de Prado (Cervantes)
  • NEVISCA, da A. V. San Andrés de Meirol (Mondariz) / Jota, muiñeira e vals de Toutón (Mondariz)
  • BARALLOCAS, da A. C. O Amanexo (Oleiros) / Canto, muiñeira e maneo de Brandoñas (Tordoia)
  • Ó XEITO, da A. VV. O Carballo (Vigo) / Ruada de Caroi (Cotobade)
  • TRÉBEDE, da A. C. Loaira (Marín) / Canto, jota e muiñeira de Lariño (Carnota)
  • GRUPO B da Escola de muiñeira Cantigas e Agarimos, da A. F. Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) / Serán de Toutón (Mondariz)
  • PANDERETEIRAS da A. C. Rosalía de Castro (Teo) / monaeo e muiñeira vella de Goiáns (Carballo)
  • ALDOMIR, da A. C. A Mámoa e Luou (Teo) / Frascada de Fumaces (Riós)
  • LAGHARTEIRAS, da A. C. F. As Lagharteiras (Mos) / Canto, jota, ribeirana e dous pasos do Ceo (Mondariz)