Silvia Penide

artesa-de-arte-silvia-penide

É unha autora e intérprete de cancións moi directas que conectan co público e que comezan a ver a luz no seu primeiro LP “Kilómetros” (2002), seguen madurando en “Invisible” (2005) e “Desafinante Crónica” (2007) que se cola en diferentes programas de Radio3 ou M80, entre outros.

Con continuos concertos por toda a península e nas salas de países coma Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemaña, o universo particular de Penide nútrese dun cada vez meirande número de seguidores fieis á súa proposta. O seu é un pop contundente, cheo de matices e moi coidado.

O seu EP “Las Erres Dobles” (2010), gravado con Juan de Dios Martín, produtor entre outros de Marlango ou Amaral, da un paso máis aló conseguindo colocar a Silvia na boca de moitos, soando en programas coma “21 días” da canle “Cuatro” ou con boas críticas e mencións en publicacións coma “Mondo Sonoro” ou “Rolling Stone”.

É entón, ademáis, cando comeza a tocar en teatros onde se define o son da súa banda, tendo compartido cartel en diferentes eventos con artistas da talla de Xoel López, Anni B. Sweet, Mercedes Peón, Félix Arias, Mäbu…

Actualmente atópase promocinando “Animal de Compañía” (reedición 2014), album que reedita logo de esgotar varias edicións vendidas e co que segue subindo escalóns e consolidando a súa carreira. Este último traballo leva ademáis consigo un DVD no que o responsable do son é Ricardo Escassi, que traballou en xira con artistas coma Russian Red e coma guitarrista formando parte de RAdio Futura entre outras bandas.