Silvia Penide e Fernando Tato: Finalistas dos Martín Códax e dos Mestre Mateopor segundo ano

Silvia Penide e Fernando Tato: Finalistas

Silvia Penide e Fernando Tato son finalistas, por segundo ano consecutivo, de cadanséus Premios polo seu traballo: A primeira, finalista de novo nos III Premios Martín Códax da Música na categoría Pop/Indie; e el repite na XIV edición dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, co seu videoclip “El animal en mí”.

Fernando Tato, coma nomeado ós Premios Mestre Mateo polo seu videoclip “El animal en mí”, de Soledad Rebollo; competirá polo galardón cos videos “A insignificante historia do home astronómico” (Christian Silva), “Buscando a Súperfama” (Herdeiros da Crus – Miss Movies), “La reina ourensana” (Igloo – I do visual) e “Mi punto de vista (Bea a de Estrella – Píxel Films ebeart).

Pola súa banda, Silvia Penide competirá polo premio Martín Códax ó mellor artista pop/indie cos outros dous finalistas: Eladio y los seres queridos e Novedades Carmiña.

Silvia Penide e Fernando Tato, sairán de dúbidas axiña, xa que os XIV Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego celebraranse o vindeiro sábado 23 de abril no Pazo da Ópera da Coruña. Para os III Premios Martín Códax da Música haberá que agardar uns días máis, concretamente ata o día 28 de abril, cando se celebrará a súa gala no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Dende Artesa de Arte, non podemos máis que sentirnos encantados con estes nomeamentos e por suposto, desexarlles a ámbo-los dous a mellor das sortes en candansúa cita.

Silvia Penide e Fernando Tato: parabéns, Artesáns!

Os nosos parabéns, dende logo tamén, a todos e cada un dos artistas e do resto de persoas, empresas e institucións, que fan o posible por apoiar e impulsar a arte e a cultura galegas. Cremos no valor da nosa terra e da nosa xente; e que estes premios, así coma outras iniciativas que cada ano se levan a cabo, non sen esforzo, por moitos e moitas que loitan pola nosa cultura, son ferramentas indispensables para a supervivencia de todo o eido cultural galego. Grazas.

Leave a Comment