Novas

Ross Dofield achega a pintura á Artesa de Arte

Ross Dofield crea arte personalizada con elementos cotiáns

Ross Dofield é a encargada de abrir a rama artística do lenzo na Artesa, facéndoo concretamente en forma de collages creados con elementos cotiáns. Consegue tratalos e mesturalos de xeito que plasman un punto de vista diferente sobre diversos temas.

Ross Dofield - Artesa de Arte

Esta galega (do Barco de Valdeorras), afincada en Madrid, vén de expoñer a súa obra en diferentes locais e feiras da capital española. Unha obra que dá unha representación particular de diversas temáticas e unha combinación de imaxes e cores que dán viveza á obra, tentando lograr luminosidade e o gozo do detalle.

E agora chega á Coruña, onde expón en La Maleta ata o vindeiro día 31. Mais se non podes achegarte no que queda de mes, non te preocupes, Ross Dofield xa está a cocer novidades.

A Ross Dofield as ideas xúrdenlle da observación, da meditación, da imaxinación. E o froito son estas obras en continua evolución e movemento. Obras vivas.

Obras creadas dende o interior e plasmadas sobre madeira. Un traballo metódico e delicado, tendo en conta combinacións de cor e imaxes que captan a atención en cada fragmento da obra. Así, dalle tantos sensos como sexa capaz de captar o espectador. Un mundo infinito de ideas que poden ser expresadas de mil xeitos diferentes.

LIFE - Ross Dofield - Artesa de Arte - Ambiente

E ademais!

Ross Dofield pode crear  un cadro exclusivo e personalizado pra ti. Cor, contido, temática… Terá o toque único que ti elixas. Pra o teu espazo de traballo, a túa casa, local… mesmo pra facer un agasallo! As directrices márcalas ti.

Pásate polas súas obras, na nosa tenda e elixe a que máis che guste ou inspírate pra a túa propia Ross!

Se queres a túa propia obra Ross personalizada, só tes que escribirnos e comezamos a falar. 🙂

Lembra: Ata o vindeiro 31 de agosto, Ross Dofield na Maleta (rúa Orzán, 150)

Amosar máis
Close