Artesa de Arte - Prexton

Prexton

Artesa de Arte - Prexton

Prexton (Eduardo Casero) é un xoven guitarrista e cantautor que vive a cabalo entre Cáceres e Galiza. Comeza a tocar a guitarra aos 13 anos e a compor os seus primeiros temas aos 15. Logo de pasar por bandas de diferentes estilos coma o folk, o hip-hop ou o ska, no 2013 decide emprender a súa carreira en solitario, con total liberdade creativa, para dar cabida a todas as cancións que estaba compondo, tanto en castelán como en inglés.

Nesta nova etapa, orientada ao folk americano de autor, gaña a Batalla de Bandas da universidade de Salamanca, obtén o Segundo Premio no Santiautor 2015 (enmarcado dentro do prestixioso ciclo de concertos de canción de autor que se desenvolve na capital galega) e proclámase Finalista do Certame MúsicaXove 2015.

Tras varios anos de subir a súa música a Youtube con moi boa aceptación, en febreiro do 2016, Prexton ficha polo selo independente Moucho Records. En setembro do mesmo ano lanza o seu primeiro single e videoclip “All Together” (dirixido por Lara Capeáns e estreado na revista Mondo Sonoro), soando en programas como Los40 Trending ou La Script (Cadena Ser) e acadando máis de 4000 visitas o seu primeiro mes na rede.

Actualmente atópase presentando en directo pola xeografía española o seu primeiro disco, “42”, producido por Iago Blanco en Drum&Roll Studios e que está obtendo excelentes críticas. Na gravación deste EP colaboraron recoñecidos músicos como Julián Saldarriaga (Love of Lesbian, Mi Capitán) ou Alejandro Masafret (Rozalén, Soraya, Antonio José, Fredi Leis…).

Prexton e o seu disco “42” xa colleitaron as súas primeiras críticas:

  • “El cantautor deja a la luz su esencia más folk y, ciertamente, suena realmente bien en una primera escucha. […] Después de las buenas críticas que está recogiendo su disco de debut y, lo que es más importante, lo bien que suenan canciones como ‘She Ate My Soul’, ‘Fugaz Delirio’ o ‘Vendaval’.” (Colectivo de Raro Propósito)
  • “42 es la fórmula para comenzar el día con positividad. […] Prexton se desnuda y muestra una fragilidad adictiva que genera la necesidad de volver a escuchar la canción una vez acabada.” (Le Musique Pop)
  • “Seis cortes en inglés y en castellano que aúnan la influencia del folk-rock típicamente americano con el sonido indie español.” (El Quinto Beatle)
  • “Ilusión, constancia y talento serían tres de los adjetivos que describirían a este joven músico cacereño que toca desde una guitarra de doce cuerdas hasta el banjo, pasando por el teclado o el saxofón.” (La Clave de Rec).

Leave a Comment