Prexton - Moucho Records - Artesa de Arte

Prexton chega á Artesa da man de Moucho Records

Prexton - Moucho Records - Artesa de Arte

Prexton. 42.

Unha palabra e un número que o din todo. O resto é tan só deixarse levar por cada un dos temas do primeiro traballo de estudo deste cacereño semi-afincado na Coruña que, mergullándote nunha marcada esencia folk americana dende a primeira nota, fai as delicias dos ouvidos máis indies.Moucho Recrods - Prexton - Artesa de Arte

Hoxe, temos o gusto de contarche que Prexton xa forma parte da familia artesá, grazas ao marabilloso selo independente, polo que asinou Prexton este ano, Moucho Records.

Un selo modesto e xeneroso, que traballa paseniño e cun gusto exquisito. Un equipo co que nos encanta traballar máis e mellor cada vez e ao que dende acó queremos darlle as grazas por contar connosco para os seus proxectos.

Prexton é o seu primeiro artista. E prometen. Promete Prexton. Promete Moucho Records. Malia que tampouco estamos a desvelar nada que non se vexa vir coas fantásticas críticas que están a colleitar.

Dende este intre, podes saber máis sobre Prexton na súa páxina na Artesa e facerte co seu traballo “42” na Tenda da Artesa.

 

Leave a Comment