Mini xira Tom Trovador + Silvia Penide

Tom Trovador e Silvia Penide únense nunha mini xira por Galiza.

Tom Trovador regresa a Galiza para unha xira moi especial ao carón de Silvia Penide, baixo o título “Calor con Calor“.

Serán catro concertos nos que irán intercalando no esceario as súas cancións, sen maís artificios que o público, a guitarra e as súas voces.

Calor con Calor = Tom Trovador + Silvia Penide | Artesa de Arte

As citas son:

· 21 de abril: A Coruña – Sala Garufa
· 22 de abril: Vigo – Casa de Arriba
· 23 de abril: San Vicente do Mar – O Grove – Náutico
· 24 de abril: Santiago de Compostela – Sala Sonar (dentro do Festival Santiautor)

Tom Trovador e Silvia Penide resultan nunha conxunción irrepetible con dous artistas que consiguen conectar co público dende o primeiro acorde. Non sexas dos que o perden!

Leave a Comment