Andalucia - Artesa de Arte

Marchamos para Andalucía!

Marchamos para Andalucía, onde nos adicaremos a mesturar traballo e pracer co marabilloso dúo Strazz, por diversas ubicacións xeográficas.

De seguro á volta vos traemos novidades e por que non, podedes seguir a nosa andaina nas redes sociais: Facebook, Instagram, Twitter e Google+; co usuario @ArtesadeArte!

A nosa ausencia producirase do 5 ao 15 de agosto, dias nos que non estarán dispoñibles os nosos servizos:

  • ADMINISTRACIÓN E MANAGEMENT As oficinas permanecerán pechadas estes días.
  • TENDA DA ARTESA As mercas non estarán dispoñibes, podendo acceder a todo o noso catálogo e deixar o pedido listo para finalizalo a partir do 16. Insto garantirá as entregas en prazo de todos os pedidos.
  • DISTRIBUCIÓN DIXITAL DE MÚSICA As solicitudes de distribución achegadas a ARTESA.CLUB até o día 4 de agosto xestiónanse con normalidade, as que se reciban do 5 ao 15 de agosto, xestionaranse a partir do día 16.

Strazz - Artesa de ARte

Agradecemos de antemán a vosa comprensión, paciencia e confianza e agardamos que esta pequena interrupción vos xenere o menor trastorno posible.

Na Coruña gozade do Festival Noroeste, co que hoxe nós nos despediremos da cidade esta noite, ás 21:00, no concerto de César de Centi na Casa-Mueso Casares Quiroga.

Marchamos para Andalucía, pero vémonos de contado na Terriña!

Leave a Comment