AVISO LEGAL

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web artesadearte.es por parte dos usuarios que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expónsenlle ao usuario no sitio web en todas e cadansúa páxina cada vez que un usuario introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o usuario introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

O acceso ao sitio web artesadearte.es implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o usuario afirma comprender na súa totalidade. O usuario comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respetar, en todo momento, as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA: Condicións de acceso e uso

1.1 A utilización do sitio web artesadearte.es non conleva a obligatoriedade de inscripción do usuario. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estrictamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario a realizar un bo uso da web.

Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc.

Expresamente Artesa de Arte prohíbe os seguintes:

1.1.1 Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio, calquera tipo de dano aos sistemas da Artesa de Arte ou a terceiros.

1.1.2 Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de xeito encuberto, o envío de correos masivos (“spamming”) ou envío de grandes mensaxes coa fin de bloquear servidores da rede (“mail bombing”).

1.2 Artesa de Arte poderá interromper en calquera intre o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe, ou ás presentes condicións xerais.

SEGUNDA: Contidos

2.1 Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluidos pola Artesa de Arte utilizando fontes internas, agás que se indique o contrario.

2.2 Artesa de Arte non garantiza o correcto funcionamento das ligazóns ou hiperenlaces que se poidan incluir nos contidos do sitio web.

2.3 O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ao sitio artesadearte.es non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións postas ao dispor no referido sitio web.

2.4 Artesa de Arte resérvase o dereito a modificar en calquera intre os contidos existentes no sitio web artesadearte.es.

TERCEIRA: Dereitos de autor e marca

Artesa de Arte informa que o sitio web artesadearte.es, os contidos propios, a programación e o deseño do mesmo atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reproducción, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos agás consentimento expreso da Artesa de Arte.

Artesa de Arte pode utilizar fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece ligazóns ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros. Neste caso sempre se citará a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluidas, poderá solicitar en calquera momento a eliminación das debanditas referencias.

CUARTA: Xurisdicción e lei aplicable

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados da Coruña, renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidera lle corresponder.

QUINTA

No caso de que calquera das cláusulas do presente documento sexa declarada nula, as demáis cláusulas seguirán vixentes e se interpretarán tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Artesa de Arte poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos agás recoñecemento expreso por parte da Artesa de Arte.

SEXTA e última

O usuario acepta recibir información a través do correo electrónico exclusivamente cando envíe o seu enderezo de correo electrónico nos formularios existentes no sitio web. Artesa de Arte introducirá nos seus ficheiros os datos do usuario, se ben conforme á lei de protección de datos, poderá exercer o seu dereito de consulta, rectificación e cancelación enviando un correo electrónico á Artesa de Arte, indicando no asunto “Baixa” e especificando no contido do correo os datos do solicitante.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Artesa de Arte só almacena información sobre os visitantes do sitio web con fins estatísticas e para mellorar a calidade do sitio web. Esta información é a seguinte:

  • O enderezo IP do visitante, coa fin de obter o número de visitantes únicos que acceden ao sitio web.
  • A data e hora da visita, para dispor de información estadística sobre as horas de máis afluencia ao sitio web.
  • O enderezo de orixe da visita, para poder dispor de información estatística sobre cal son as canles máis usuais de entrada a artesadearte.es.
  • A navegación a través do sitio web, para coñecer información estatística do tempo medio que duran as visitas, así como o número de páxinas consultadas por visita.
  • A información almacenada é anónima e non se asocia a ningún usuario. Correspóndese coa información básica habitualmente rexistrada nos sitios web.

artesadearte.es non utiliza cookies propias, de xeito que non rexistra ninguna información no ordenador do visitante tras a súa visita, se ben as nosas estatísticas de navegación son rexistradas tamén por Google Analytics, quen si pode utilizalas, polo que debes consultar a política de privacidade completa de Google aquí.

Asimesmo, a información que calquera visitante poida introucir no sitio web, ben sexa nos seus formularios ou en calquera outro espazo no que se poida introducir información persoal, almacenarase só coa fin definida en cadansúa área. Calquera visitante poderá porse en contacto coa Artesa de Arte a través do seu enderezo de correo electrónico falamos@artesadearte.es, para solicitar a información rexistrada e para exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición da mesma.