Fin de Xira de César de Centi

César de Centi pecha hoxe a xira de despedida do seu disco “La Luz de los Gigantes”.

Logo de percorrer España enteira xuntos dende a súa presentación no Auditorio Ágora da mesma cidade onde hoxe lle dirá adeus, César acompañarase esta noite das mellores colaboracións, nun concerto cheo de sorpresas que será, dende o comezo, unha auténtica festa.

Fin-de-xira-César-de-Centi_Artesa-de-Arte

Non perdas esta cita que terá lugar esta noite ás 21:00 horas na Casa Tomada da Coruña, na rúa Joaquín Planells, dentro do recinto da estación de ferrocarrís.

Nós estaremos alí e agardamos verte e que disfrutes coma de seguro vai facer César e toda a recua de artistazos coma él que participarán desta máxica despedida.

A desfrutalo!