Fernando Tato trae “El animal en mí” a A Coruña

Poucas cousas poderían facernos tan felices coma vos contar que o Artesán multidisciplinar Fernando Tato presentará o seu discazo El animal en mí na Coruña.

O sábado 20 de xuño será moi especial. Fernando decidíu que o acompañe coma convidada especial a tamén Artesá Silvia Penide, logo da fantástica sintonía que amosaron o pasado sábado en Compostela.

Será unha noite de sorpresas na que o BâBâ Bar brillará dende o máis profundo, o seu esceario. Non te perdas esta grande noite da música máis sincera e directa que poidas escoitar nesta cidade, faite coa túa entrada:

Fernando Tato pesenta "El animal en mí" con Silvia Penide en el BâBâBar de A Coruña | Artesa de Arte

|

· Podes mercala anticipadamente por 4 €

simplemente pincando acó

ou na Tenda da Artesa

(rd. Outeiro, 271 – A Coruña)

· Onde tamén poderás adquirir por 12 €

a túa entrada + o disco

“El animal en mí”

· No portelo na entrada ao concierto: 5 €

El Animal en Mí

Fernando Tato + Silvia Penide

sábado / 20 de xuño

22:00 horas

NON O PODES PERDER