Novas
Tendencias

Entregados os XXII Premios María Casares

A festa do Teatro Galego

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña, acolleu onte a viséximo segunda festa do teatro galego coa gala de entrega dos Premios María Casares.

Houbo catorce categorías nas que competían nove espectáculos dos que recibirón galardóns cinco, con tres deles igualando con catro premios:

A cabeza do dragón / Producións Teatrais Excéntricas:

  • Mellor Actor protagonista / Iván Marcos
  • Mellor Actor secundario / Víctor Mosqueira
  • Mellor Adaptación ou tradución / Quico Cadaval
  • Mellor Vestiario / Suso Montero

Elisa e Marcela / A Panadaría:

  • Mellor Espectáculo
  • Mellor Dirección / Gena Baamonde
  • Mellor Actriz protagonista / Areta Bolado
  • Mellor Texto orixinal / Ailén Kendelman, Areta Bolado, Gena Baamonde e Noelia Castro

Resaca / ilMaquinario Teatro:

  • Mellor Actriz secundaria / Laura Míguez
  • Mellor Música orixinal / Vadim Yukhnevich
  • Mellor Escenografía / Laura Iturralde e Montse Piñeiro
  • Mellor Iluminación / José Manuel Faro, “Coti”

Outros dous espectáculos foron galardoados onte: “A galiña azul”, de Tanxarina, que levou o premio María Casares ao mellor espectáculo infantil; e “Outono”, de Pista Catro, que se fixo co galardón á mellor maquillaxe, grazas ao traballo de Trini F. Silva.

Nestes XXII Premios María Casares non faltaron palabras para a defensa da liberdade de expresión, que en palabras de Nieves Rodríguez, presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), precisa que “se erradique a criminalización das palabras”, quen apuntaba tamén a irrelevancia de que “sexa Entroido, xoves ou verán”, cando falamos dos “dereitos referentes ao pensamento e a expresión”.

O discurso da presidenta da AAAG comezaba nun feminino “tan plural como universal –dicía–. Se as miñas palabras levan esta sonoridade non é ou non so é, por amosarme reivindicativa nin para sortear o machismo na linguaxe. E moito menos por incomodar. Pero se asi é, só direi unha cousa: Non o sinto. Non o sentimos”, sen esquecer que, se ben estaban a celebrar os 40 anos do teatro galego, elas xa estaban alí cando se formaron as primeiras compañías profesionais, por máis que dende entón sempre se aplaudisen os “pioneiros, impulsores, precursores, fundadores”, todos cun marcado xénero.

Celebración de A Panadaría nos XXII Premios María Casares - Artesa de Arte
Celebración de A Panadaría nos XXII Premios María Casares – Artesa de Arte

XXII Premios María Casares do Teatro Galego por categorías

  • Mellor Actor protagonista: Iván Marcos / A cabeza do dragón / Producións Teatrais Excéntricas
  • Mellor Actor secundario: Víctor Mosqueira / A cabeza do dragón / Producións Teatrais Excéntricas
  • Mellor Actriz protagonista: Areta Bolado / Elisa e Marcela / A Panadaría
  • Mellor Actriz secundaria: Laura Míguez / Resaca / ilMaquinario Teatro
  • Mellor Adaptación ou tradución: Quico Cadaval / A cabeza do dragón / Producións Teatrais Excéntricas
  • Mellor Dirección: Gena Baamonde / Elisa e Marcela / A Panadaría
  • Mellor Escenografía: Marta Iturralde e Montse Piñeiro / Resaca / ilMaquinario Teatro
  • Mellor Espectáculo: Elisa e Marcela / A Panadaría
  • Mellor Espectáculo infantil: A galiña azul / Tanxarina
  • Mellor Iluminación: José Manuel Faro, “Coti” / Resaca / ilMaquinario Teatro
  • Mellor Maquillaxe: Trini F. Silva / Outono / Pista Catro
  • Mellor Música orixinal: Vadim Yukhnevich / Resaca / ilMaquinario Teatro
  • Mellor Texto orixinal: Ailén Kendelman, Areta Boaldo, Gena Baamonde e Noelia Castro / Elisa e Marcela / A Panadaría
  • Mellor Vestiario: Suso Montero / A cabeza do dragón / Producións Teatrais Excéntricas

A gala foi ideada e conducida por Talía Teatro e participaron Dani Trillo, Diego Rey, María Lado, María Ordóñez, Marta Ríos, Rubén Prieto, Toño Casais e Xurxo Barcala, acompañados polo Coro Encaixe e a dirección de Artur Trillo.

Houbo tamén Premio de Honra para María Soto, actriz e socia nº 1 da Asociación. Aldaolado (= Lucía Aldao + María Lado), leu o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

Fotos: / Ladiapo, Castelleiro/RollerAgencia

Amosar máis

Deixa unha resposta

Close

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /home/artesadearte/www/wp-includes/functions.php on line 3778

Notice: ob_end_flush(): failed to send buffer of zlib output compression (1) in /home/artesadearte/www/wp-includes/functions.php on line 3778