artesa-de-arte-cesar-de-centi-c

César de Centi

artesa-de-arte-cesar-de-centi

Músico coruñés con quince anos de escearios e habitual da escea galega en termos de canción de autor. Membro fundador do coletivo de cantautores “Concierto Encanto” e da “Asociación de cantautores Viernes de Cantautar” cabo de Paris Joel e Xurxo Mares. Dende o ano 2001 a súa voz e as súas cancións escoitáronse en discos recopilatorios e colaborando con outros músicos coma Xosé Constenla, Richi García, David Taboada, Folkner, Dresan Drex, María González ou os xa citados Paris Joel e Xurxo Mares.

No 2008 grava “Principios y declaraciones” con José Luis Paz. Durante dous anos seguidos organiza coa Universidade da Coruña os “Conciertos de cantautores del Paraninfo de la Universidad” coa intención de axudar a visibilizar proxectos de músicos locais e que contan con Carlos Chaouen ou Tontxu coma cabezas de cartel.
Participa varios anos nas Festas de A Coruña ou no Sadautor.

Aparte do seu proxecto en solitario forma parte doutros coma CINCOPAREDES xunto con Silvia Penide, Luis Moro, Félix Arias, e Nando Deibe, que se presenta no Teatro Rosalía de Castro da Coruña en Xaneiro do 2014, no que cada músico aporta tres cancións ao proxecto arranxadas por todos para a ocasión; ou en “Bipolar” (proxecto de fusión musical) ieado polo músico e produtor Jacobo Paz.

O seu primeiro disco finánciase por medio do Crowdfunding, conseguindo o obxectivo nos primeiros catorce dias do proxecto grazas a 200 mecenas.

“La luz de los Gigantes”, no que colaboran máis de quince artistas, preséntase no Centro Ágora da Coruña en Xaneiro do 2014, onde César rompe co formato acústico polo de banda. O concerto remata cun fin de festa con máis de vinte músicos no esceario e a artista multidisciplinar María Piensos pintando un cadro en directo. Conséguese un éxito notable de público. En menos dun mes repite formato na Fábrica de Oleiros, conseguindo unha vez máis o apoio necesario do público para un evento destas características.

Toca dentro do circuito madrileño de canción de autor, en salas de recoñecida sona coma Libertad 8, Galileo Galileli ou a Fídula entre outras. En marzo do 2014 participará por primeira vez no “Festival Internacional de Cantautores BARNASANTS” que se celebra en Barcelona considerado coma un dos máis importantes do xénero. César teloneou e compartiu esceario con referentes do estilo coma Carlos Chaouen, Marwan ou Tontxu entre outros. “La luz de los Gigantes” preséntase por toda España, esgotando a súa primeira edición.

O crítico musical de canción de autor Fernando González Lucini escribíu sobre el:

“… me atrajo y me sigue atrayendo, de César de centi el libre revuelo de sensaciones, de vivencias y de sentimientos que se desprende de su cantar; un cantar y una poética sugerentes que se entretejen de palabras y expresiones que, aireadas con el “soplo” de sus melodías, logran abrir insospechados mundos perceptivos por los que merece la pena dejarse atrapar y seducir”.

(http://www.cancioneros.com/co/6195/2/cesar-de-centi-y-la-luz-de-los-gigantes-un-sugerente-revuelo-de-sensaciones-vivencias-y-sentimientos-por-el-que-merece-la-pena-dejarse-seducir-por-fernando-g-lucini)