Factura os teus bolos a través da Artesa

O servizo de CONTRATACIÓN&FACTURACIÓN está pensado para todos os artistas que teñen a necesidade de facturar e asegurarse nos seus bolos pero carecen dos medios necesarios para elo.

Realizamos contratacións con administración pública, con centros públicos e con locais e salas de toda España.

Consúltanos!


PODES CALCULAR OS IMPORTES DO TEU BOLO PREMENDO ACÓ OU EN CALQUERA DAS IMAXES DE EXEMPLO

Por exemplo, nun concerto dun trío musical, no que a entidade organizadora vos pague 1.500 euros máis IVE, cada un dos músicos cobraría unha nómina duns 430 euros, cotizando ese dia á Seguridade Social e estando completamente cubertos no caso de calquera incidencia:Artesa de Arte - Facturación de bolo - Concerto (exemplo)

 

Outro exemplo, supondo que neste caso trátase dun cómico que vai facer un monólogo por 240 euros, neste caso xa co IVE incluido. Neste caso o artista terá unha nómina que rondará os 150 euros, tamén cotizando ese dia á Seguridade Social e estando completamente cuberto no caso de calquera incidencia:

Artesa de Arte - Facturación bolo - Monólogo (exemplo)

Podes preguntarnos máis ou solicitar o servizo dende o noso formulario de contacto.