Novas

II Premios Martín Códax da Música

17 de Decembro, mércores. Chegamos a Pontevedra con tempo de máis porque é unha cidade que nos ten namorados. Un par de voltas, aproveitamos para unha reunión pequena pero moi interesante na praza da Verdura. E chega a hora.

É lóxico que estamos alí para darlle toda a nosa forza e calor a Silvia Penide, única Artesá nominada coma finalista destes segundos Premios Martín Códax da Música, uns premios que existen por e para xs músicxs galegxs, da man da asociación Músicos ao Vivo, quen por certo, comunicou a través do seu portavoz Xacobe Martínez Antelo, o cese da xunta directiva actual para dar paso a unha nova remesa de músicos e músicas que continúe a súa inestimable labor

Entramos no Pazo da Cultura de Pontevedra e xa arrecende o bo rollo. Con todos sentadiños, chega a escuridade e comeza a pilotaxe de Chévere. Un boísimo traballo, todo casaba nun fío conductor perfecto.

Comezan a se desvelar os gañadores categoría a categoría e os nervos crecen nas butacas. A categoría que nós agardabamos coma auga de Maio era a de Pop / Indie, que se fixo desexar, pero entre tanta troula e arte coma se respirou alí, foi unha marabilla agardar.

Particular ilusión nos fixeron as alusións á música tradicional galega e tamén remarcar especialmente que as mulleres son parte fundamental dun todo que sen elas non sería nada.

Ficamos pois enormemente agradecidos a Silvia Penide por contar connosco nun momento tan imporante e a Músicos ao Vivo, que fixo posible por segundo ano unha visibilidade extraordinaria da cultura que se crea no noso país e que non conta con toda a estima que debera.

Artesa-de-Arte-II-Premios-Martin-Codax-da-Musica

Nós seguiremos traballando para axudar a tódo-los artistas galegos a lograr os seus soños e namentres, a traballar con máis ilusión e facéndolles sentir que non están sós nun mundo difícil pero cheo de pequenas ledicias que fan que pague a pena.

E logo de vos contar a nosa pequena historia sobre os II Premios Martín Códax da Música, deixámosvos coa chicha. Parabéns a todos e a todas os gañadores e gañadoras!

II Premios Martín Códax da Música - Artesa de Arte

 CATEGORÍAS, FINALISTAS E PREMIADXS

BLUES / FUNK / SOUL Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Víctor Aneiros · CANCIÓN DE AUTOR A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel · ELECTRÓNICA Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9 · FOLQUE Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade · HIP-HOP / MÚSICAS URBANAS Wöyza / Som do Galpóm / Aid Alonso · JAZZ / MÚSICAS IMPROVISADAS Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío · METAL Aphonnic / Nao / Machina· MÚSICA CLÁSICA / CONTEMPORÁNEA Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz · MÚSICA INFANTIL Pablo Díaz en a Banda Tic Tac Toc / Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños · MÚSICA TRADICIONAL GALEGA Treixadura / Davide Salvado / Malvela · MÚSICAS DO MUNDO Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS · ORQUESTRAS / GRUPOS / MÚSICA DE VERBENA Os Modernos / Los Satélites / Claxxon · POP / INDIE Ataque Escampe / Silvia Penide / Los Chavales · REGGAE / SKA / MESTIZAXE Zamaramandi /Dakidarría / Transilvanians · ROCK Cró / Narf Trío / The Cornelius

Premio Organistrum SALAS Aturuxo · Premio Organistrum FESTIVAIS Festigal · Premio Organistrum MEDIOS DE COMUNICACIÓN Planeta Furancho

PREMIO HONORÍFICO MÚSICOS AO VIVO NHU

Amosar máis
Close