Artes ParalelasNovas
Tendencias

Eladio Santos fala nas Artes Paralelas

Cohete Laranxa

Eladio Santos adicounos un anaquiño do seu tempo pra contarnos como vivíu o concerto que Eladio y los Seres Queridos ofreceron en Febreiro na sala Mardi Gras da Coruña, entre outras cousas.

Historias de Caza é o último traballo de Eladio y los Seres Queridos, que está xirando por toda a xeografía española. Precisamente esta fin de semana, veñen de facer doblete en Aranda e Madrid. Fanno ademais xa con novas datas pechadas en Badaxoz, Granada ou Compostela entre outras.

Soa este disco mentres os dedos percorren as teclas que che deixan estas palabras e só deixa gana de escoitalo “a tempo completo”, de adicarlle atención plena e gozalo como merece, porque hai estrelas que non hai que soltar, non hai que perder.

Pero xa sabes que o importante das Artes Paralelas non son as nosas voces, senón as dos grandes, así que velaí vai a entrevista a Eladio Santos do sempre disposto Cohete Laranxa!

Historias de Caza - Eladio y los Seres Queridos - Eladio Santos - Cohete Laranxa \ Artes Paralelas \ Artesa de Arte
“Historias de Caza” é o último de “Eladio y los Seres Queridos”

Como sentiches o escenario da sala Mardi Gras?

É o tipo de sala que nos gusta, o contacto co público é moi cercano, o son moi cálido e sen ecos nin reverberacións molestas. Non sei cantas veces toquei alí, pero creo que máis de dez con diversas bandas e dende hai un montón de anos. Sentímonos moi a gusto outra vez e había moita xente!

Como vive Eladio Santos os momentos entre bambalinas?

Son bastante impaciente e estou desexando empezar. Levo a guitarra colgada un rato antes e pego algúns berros e exercizos de voz. Aínda hai pouco, empecei a darlle importancia ao quencemento da voz e das mans.

Tes algunha “manía”, algún ritual antes de saír á escena?

Pois si, teño que recoñecelo, un montón… Teño algunhas prendas prohibidas e outras favoritas, levo follas de loureiro polos petos ou no sombreiro, procuro durmir sesta e ese día non fumo. No verán, se hai praia ou río preto, sempre me dou un baño. Ter apetito antes do concerto tamén o considero bó presaxio.

De que goza máis Eladio Santos coas súas cancións: do proceso compositivo, do estudo de gravación, dos concertos en directo?

Arrancar coa composición pode ser frustrante e moi duro, pero claro, cando se fai a luz, é o mellor momento. Estou moito máis contento na rutina e na vida diaria cando teño algunha canción fresca, recén saída. Dame moita forza e felicidade sempre. O estudo últimamente é a miña casa. Divírtome moito orquestando, metendo pad e fondos de cordas e orquestra. O directo é unha necesidade vital, un vicio. Cando paso máis dun mes sen palco, empezo a sufrir síndrome de abstinencia.

Algo que nunca che falta no escenario?

Cejilla de guitarra. Non son nada sen ela.

Algo que nunca falta en cameríns?

Un copo de bo viño tinto está ben. Nada máis. En realidade nin precisamos camerín.

Como vive Eladio Santos os ensaios previos para unha estrea ou a un concerto importante?

Gravo os ensaios, doulle voltas e toco sobre as gravacións pola noite eu só. Doulle algunhas voltas ao repertorio, son moi de cambiar os tonos do directo con respecto ás gravacións e sempre teño problemas para memorizar a última versión da letra. Sempre fago algunha chuleta.

Un concerto ao que asistiches de público e deixou pegada en ti.

Leonard Cohen no auditorio de Castrelos hai uns anos.

Alguén a quen nos recomendes escoitar.

O próximo de Pablo Lesuit.

Vindeiras datas, concertos ou proxectos que queiras comentarnos?

Así inminentes, temos Aranda e Madrid. Andalucía en Abril. Tocaremos algunha data por Galicia antes do verán, seguro.

Eladio Santos [Eladio y los Seres Queridos] \ Artes Paralelas \

Amosar máis

Deixa unha resposta

Close