Novas

Día das Letras Galegas 2018

María Victoria Moreno Márquez

Volta ser o Día das Letras Galegas, o día no que Galicia rende homenaxe á súa lingua e a quen traballa con ela a prol de manter o noso patrimonio intelectual e cultural vivo.

Por que o Día das Letras Galegas é o 17 de maio?

Hai 55 anos Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, propuñan a celebración do Día das Letras Galegas pra conmermorar o centenario da publicación de “Cantares Gallegos”, obra considerada a máis importante da literatura galega contemporánea e malia que non se coñece a data exacta da súa publicación, si sabemos que o 17 de maio de 1863 foi o día no que Rosalía de Castro adicoullo a Fernán Caballero, pseudónimo da poeta de orixe suiza Cecilia Böhl de Faber y Ruiz de Larrea.

María Victoria Moreno Márquez

María Victoria Moreno Márquez - Artesa de Arte - Editorial Galaxia
Foto: Editorial Galaxia

A Real Academia Galega proclamou coma homenaxeada no Día das Letras Galgas 2018 a escritora e mestra María Victoria Moreno Márquez, nada na Valencia de Alcántara (Cáceres), no 1939. Chegou á nosa terra coma mestra no 1963 e axiña namorou da lingua e a cultura galegas. Adoptounas pra si e malia ser extremeña e vir estudada de Madrid (onde cursou Filoloxía Románica), converteuse na precursora da narrativa infantil e xuvenil en galego. Entre as súas obras máis destacadas atópanse Mar adiante (Edicións do Castro – 1973), o seu libro favorito Leonardo e os seus fontaneiros (Galaxia – 1986) e un dos seus maiores éxitos: Anagnórise (Galaxia – 1989).

Xa no eido educativo, María Victoria foi mestra de xeito semiclandestino en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Ourense (nesta última custoulle a retirada do pasaporte). Pero tamén oficilamente na ensinanza secundaria e mesmo orientou e alentou a Xesús Rábade Paredes ata a publicación do seu primeiro libro de poemas, do que escribíu o prólogo. María Victoria tamén destacou no eido das traducións.

DÍa Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

Dende Artesa de Arte queremos tamén no día de hoxe homenaxear a todas as persoas que por mor de mentalidades obsoletas sufren problemas de toda índole e de todas as intensidades por todo o mundo.

Ver as diferenzas coma problemas e non ser capaz de asimilar que toda diferenza enriquece, só retrata a quen trata de opoñerse a elas dende as palabras ou dende os actos.

Por iso, queremos celebrar a liberdade, a pluralidade e a cordialidade. Queremos unha sociedade culta, queremos unha sociedade tolerante. O amor non pode verse coma un crime, senón coma a ferramenta que máis pode achegarnos a todos.

“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”

– María Victoria Moreno Márquez

Viva o amor. Viva Galicia. Vivan as Letras. Viva o LGTBI+. Vivamos todos. Vivamos todas!

Gozade deste Día das Letras Galegas. Gozade e deixade gozar.

Amosar máis

Deixa unha resposta

Close