Novas

Comezamos!

Chegou o dia de erguer a tapa da artesa para que comece o baile.

Agardamos un futuro cheo de merda ás portas de cada local no que actúen os nosos queridos artistas.

Arrincamos con todas as ganas e toda a ilusión que se pode pór nun proxecto con tanta alma e capacidade coma poidamos imaxinar. Por iso, pedímosvos que camiñedes connosco e medredes cabo de nós e nos axudedes a facer diste inicio os alicerces mellor forxados que se viran nestas terras.

Querémosvos e ídesnos querer. Diso estamos seguros. Agora só falta rodar. Así que, aló imos. Abofé que si!

ArtesadeArteLogoSA500x500

Ademáis, arrinca tamén a venda on-line dos produtos dos artistas galegos! Anímaste a saltar ao mellor escaparate?

Síntete parte dun proxecto único, aberto e común. ÚNETE!

Amosar máis
Close