Novas

CINCOPAREDES no Teatro Rosalía de Castro

CINCO Cinco artistas coruñeses da máxima sona no eido musical galego, xúntanse nun proxecto cheo de agarimo, talento e unha Arte que se desborda.

CATRO Só catro dias para o concerto máis especial do ano na Coruña.

TRES Os dias que che quedan para levar dúas entradas DE BALDE para este concerto único na Coruña.

DOUS En dous minutos podes ter mercada a túa entrada directamente picando acó.

UN O que non pode fallar: Ti.

Eles son Nando Deibe, Luis Moro, César de Centi, Silvia Penide e Félix Arias. E xuntos, CINCOPAREDES, un experimento de músicos reunidos para facer o que máis gusta da música, compartir, vivir, comunicar, abrir.

Se estás na Coruña o vindeiro sábado 24 de xaneiro, tes unha cita ineludible no Teatro Rosalía de Castro ás 20:30 horas. Non hai desculpas.

Nós estaremos alí. E ti? Vén!

Amosar máis
Close