Unha Illa é o primeiro traballo de Mielitza. Un traballo que cumpre agora un ano.
En Mielitza respírase tanta ledicia que contaxian sen querelo e por iso e ata o luns, 30 de setembro, celebramos xuntos este aniversario na nosa tenda.

Unha Illa é un traballo que te vai invadindo, paseniño, cada minuto e cada centímetro do camiño dende o teu ouvido ata o máis profundo dos miolos.
Cada tema explórache un anaco descoñecido, mesmo pra ti. Poderías dicir que viaxas nunha aperta. A quen pode non gustarlle?
Queremos hoxe convidarte a participar desta experiencia a través dos oito temas que, cal bráctea ao vento, elevarante, virarante e voltarante a terra. Comeza por atoparte coas Coordenadas, mentres entre Pantasmas, luces e sombras envólveste no caudal dun río que te leve polo frío ata Outrocéano.
Moito máis poderiamos dicir deste fermoso e mimado proxecto que lidera Carla López, pero ti tamén tes que descubrir algo!
Ademais do seu magnífico traballo musical, a arte de Unha Illa vai máis aló e preséntase tamén en forma de bolsa de tea e unha fermosa chapa, ámbalas dúas decoradas coa devandita bráctea.
E volvendo ao tema aniversario, durante este mes tes Unha Illa, a súa bolsa e o pack que inclúe o disco, a bolsa e a chapa, só na nosa tenda, ao 50%!
Só tes que engadir os produtos que queiras á túa cesta e introducir o código XAESTOUNAILLA antes de facer o pagamento.
Ademais, se vives na Coruña, recibirás o teu pedido no mesmo día! Iso si, sempre que o fagas de luns a venres, antes das 14:00; se non, ao día seguinte, que tampouco está nada mal!
-
Pack Mielitza14,90 €
-
Bráctea textil de Mielitza5,90 €
-
Unha Illa9,90 €
Lembra que pra gozar do prezo ao 50% e celebrar esta festa de Unha Illa con Mielitza, tes que usar o código:
XAESTOUNAILLA
Comentarche por último que tamén podes escoitar o seu traballo en Spotify, Deezer, Apple Music, Google Play, Amazon e moitas plataformas máis. Non tes desculpa!
Polo de agora deixámosche abrir boca con esta peza