Ross Dofield é a encargada de abrir a rama artística do lenzo na Artesa, facéndoo concretamente en forma de collages creados con elementos cotiáns. Consegue tratalos e mesturalos de xeito que plasman un punto de vista diferente sobre diversos temas.
Esta galega (do Barco de Valdeorras), afincada en Madrid, vén de expoñer a súa obra en diferentes locais e feiras da capital española. Unha obra que dá unha representación particular de diversas temáticas e unha combinación de imaxes e cores que dán viveza á obra, tentando lograr luminosidade e o gozo do detalle.
E agora chega á Coruña, onde expón en La Maleta ata o vindeiro día 31. Mais se non podes achegarte no que queda de mes, non te preocupes, Ross Dofield xa se está a cocer novidades.
A Ross Dofield as ideas xúrdenlle da observación, da meditación, da imaxinación… O froito son estas obras en continua evolución e movemento. Obras vivas.
Obras creadas dende o interior e plasmadas sobre madeira. Un traballo metódico e delicado, tendo en conta combinacións de cor e imaxes que captan a atención en cada fragmento da obra, dándolle tantos sensos como sexa capaz de captar o espectador. un mundo infinito de ideas que poden ser expresadas de mil xeitos diferentes.
E ademais!
Ross Dofield pode crear un cadro exclusivo e personalizado pra ti. Cor, contido, temática… Terá o toque único que ti elixas. Pra o teu espazo de traballo, a túa casa, local… mesmo pra facer un agasallo! As directrices márcalas ti.
Pásate polas súas obras na nosa tenda!