Aviso Legal e Política de Privacidade

Aviso Legal

Artesa de Arte adícase á xestión cultural de obras, produtos e contidos propios e de terceiros. Alén do anterior, a difusión cultural, de balde ou de pagamento, está entre os seus principais obxectivos.

 

Datos identificativos do titular da Web

En cumprimento do deber de información estipulado no artigo 10 da Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, comunícase que a presente web é titularidade de

  • Centokai, S.L., con CIF número B-70.546.114 e domicilio na Coruña, na rolda de Outeiro, 271; en adiante: Artesa de Arte.

 

A presente información conforma e regula as condicións de uso, as limitacións de responsabilidade e as obrigas que os usuarios da páxina Web asumen e se comprometen a respetar.

 

Definicións

“Páxina”: Dominio www.artesadearte.gal como soporte das obras e contidos xerados por Artesa de Arte e os terceiros que así o acorden con ela, que se pon ao dispor dos Usuarios de Internet.

“Usuario”: Persoa física que utiliza ou navega pola Páxina, no seu nome ou no da persoa xurídica que represente.

“Contido”: Son as páxinas que integran a totalidade do presente dominio, incluidos os seus subdominios e directorios, que conforman a información e os servizos que Artesa de Arte pon ao dispor dos Usuarios de Internet. Nelas contéñense as mensaxes, textos, fotografías, gráficos, iconos, logos, tecnoloxía, links, texturas, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, gravacións, software, aspecto, deseño gráfico e códigos fonte e, en xeral, calquera clase de material contido na Páxina.

“Web”: Termo técnico que describe o sistema de acceso á información vía Internet, que se configura por medio de páxinas confeccionadas con linguaxe HTML ou similar e mecanismos de programación tales coma java, javascript, PHP ou outros. Estas páxinas deseñadas e publicadas baixo un nome de dominio de Internet, son o resultado da información que o titular pon ao dispor dos Usuarios de Internet.

“Hiperligazón”: Técnica pola que un Usuario pode navegar por diferentes páxinas da Web, ou por Internet, cun simple clic sobre o texto, icono, botón ou indicativo que contén a ligazón.

“Cookies”: Medio técnico para a “trazabilidade” e seguemento da navegación nos sitios Web. Son pequenos ficheiros de texto que se escriben no dispositivo do Usuario. Este método ten implicacións sobre a privacidade, polo que Artesa de Arte avisará oportuna e claramente da súa utilización no momento no que se implanten na Páxina.

 

Condicións de uso

A simple e mera utilización da Páxina outorga a condición de Usuario da Páxina, ben sexa persoa física ou xurídica, e obrigatoriamente implica a aceptación completa, plena e sen reservas de todas e cada unha das cláusulas e condicións xerais incluidas no Aviso Legal. Se o Usuario non estivera conforme coas cláusulas e condicións de uso deste Aviso Legal, absterase de utilizar a Páxina.

Este Aviso Legal está suxeito a trocos e actualizacións plo que a versión publicada por Artesa de Arte pode ser diferente en cada momento no que o Usuario acceda ao Portal. Polo tanto, o Usuario debe ler o Aviso Legal en todas e cada unha das ocasións nas que acceda á Páxina.

A través da Páxina, Artesa de Arte facilita aos Usuarios o acceso e a utilización de diversos Contidos publicados por medio de Internet por Artesa de Arte ou por terceiros autorizados.

O Usuario está obrigado e comprométese a utilizar a Páxina e os Contidos de conformidade coa lexislación vixente, co Aviso Legal e con calquera outro aviso ou instruccións postos no seu coñecemento, ben sexa por medio deste Aviso Legal ou en calquera outro lugar dentro dos Contidos que conforman a Páxina, así como coas normas de convivencia, a moral e bos costumes xeralmente aceptados.

A tal efecto, o Usuario obrígase e comprométese a NON utilizar calquera dos Contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no Aviso Legal ou pola lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros ou que de calquera outro xeito poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir o normal uso dos Contidos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático propios ou contratados por Artesa de Arte, de outros Usuarios ou de calquera usuario de Internet (hardware e software).

A tal efecto, el Usuario se obliga y compromete a NO utilizar cualquiera de los Contenidos con fines o efectos ilícitos, prohibidos en el Aviso Legal o por la legislación vigente, lesivos de los derechos e intereses de terceros, o que de cualquier forma puedan dañar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar o impedir la normal utilización de los Contenidos, los equipos informáticos o los documentos, archivos y toda clase de contenidos almacenados en cualquier equipo informático, propios o contratados por Artesa de Arte, de otros Usuarios o de cualquier usuario de Internet (hardware y software).

O Usuario obrígase e comprométese a non transmitir, difundir ou pór ao dispor de terceiros calquera clase de material contido na Páxina, tales como informacións, textos, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software, logotipos, marcas, iconos, tecnoloxía, fotografías, software, ligazóns, deseño gráfico e códigos fonte ou calquera outro material ao que tivese acceso na súa condición de Usuario da Páxina, sen que esta enumeración teña carácter limitativo.

Así mesmo, de conformidade con todo ilo, o Usuario non poderá:

  • Reproducir, copiar, distribuir, pór ao dispor ou de calquera outro xeito comunicar públicamente, transformar ou modificar os Contidos, agás que conte coa autorización escrita e explícita de Artesa de Arte, que é titular dos correspondentes dereitos ou ben que ilo resulte legalmente permitido.
  • Suprimir, manipular ou de calquera xeito alterar o “copyright” e demais datos identificativos da reserva de dereitos de Artesa de Arte ou dos seus titulares, das pegadas e/ou identificadores dixitais ou de calesquera outros medios técnicos establecidos para o seu recoñecemento.
  • O usuario deberá absterse de obter e incluso de tentar obter os Contidos empregando para ilo medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, puxéranse ao seu dispor a este efecto ou se indicasen a este efecto nas páxinas Web onde se atopen os Contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet a este efecto sempre que non supoñan un risco de dano ou inutilización da Páxina e/ou dos Contidos.

 

Propiedade intelectual

Todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen na Páxina son propiedade de Artesa de Arte ou, no seu caso, de terceiros que autorizaron o seu uso, sen que poida entenderse que o uso ou acceso ao Portal e/ou aos Contidos atribúa ao Usuario dereito algún sobre as devanditas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos e sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dos dereitos de explotación que existen ou poidan existir sobre ditos Contidos.

De igual xeito os Contidos son propiedade intelectual de Artesa de Arte ou de terceiros no seu caso; polo tanto, os dereitos de Propiedade Intelectual son titularidade de Artesa de Arte ou de terceiros que autorizaron o seu usuo a Artesa de Arte e é a istes a quen corresponde o exercizo exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera forma e en especial os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación e non se entenden cedidos nin se autoriza a súa utilización, en ningún caso, aos Usuarios da Páxina agás que se obteñan os devanditos dereitos por escrito do lexítimo titular dos mesmos.

As imaxes e biografías dos artistas expostos no roster desta Web, foron enviadas e/ou referenciadas polos seus propietarios, titulares ou autorizados, supoñendo este envío e/ou referencia a autorización tácita por parte do seu propietario, titular ou autorizado para a súa publicación na Web; así como o seu tratamento e divulgación en calquera soporte, plataforma ou espazo, físico ou dixital, propiedade ou titularidade de Artesa de Arte, ata a comunicación do desexo de retirada da devandita información, por escrito, por parte do seu propietario, titular ou autorizado.

Artesa de Arte comprométese a proceder á retirada das imaxes e informacións das que así se solicite do xeito oportuno, nun prazo de seis (6) meses dende o acuse de recibo, por escrito, por parte de Artesa de Arte, da solicitude de dita retirada. Sen perxuízo do anterior, Artesa de Arte non garante que poidan seguir aparecendo resultados de busca nos distintos buscadores de Internet, de imaxes ou contidos vencellados a ela, así como a extracción de contidos do seu sitio que permanezan publicados noutras páxinas web aínda despois da retirada da información da súa Web. Artesa de Arte é responsable únicamente da retirada da información dos seus propios soportes, tanto físicos como dixitais e en ningún caso asumirá responsabilidade algunha sobre os contidos que a vencellen directa ou indirectamente con tales contidos noutros espazos ou soportes, toda vez que xa procedese á súa eliminación.

A utilización non autorizada da información contida nesta Web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de Artesa de Arte ou de terceiros incluidos na Páxina que cederon contidos, dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

 

Hiperligazóns

Aquelas persoas que se propoñan establecer hiperligazóns entre a súa páxina Web e a Páxina deberán observar e cumprir as condicións seguintes:

  • Non será precisa autorización previa cando a Hiperligazón permita únicamente o acceso á páxina de inicio, pero non poderá reproducila de ningún xeito. Calquera outro xeito de Hiperligazón requerirá a autorización expresa e inequívoca, por escrito, por parte de Artesa de Arte.
  • Restrínxese a Hiperligazón a páxinas que conteñan temas, nomes, materiais ou información inapropiados, profanos, difamatorios, ilegais, obscenos, indecentes ou ilícitos, nin materiais ou información que violen calquera dereito de propiedade intelectual, dereitos de privacidade ou publicidade pertinentes.
  • Non se crearán “marcos” (“frames”) coas páxinas Web nin sobre as páxinas Web de Artesa de Arte.
  • Non se realizarán manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou ofensivas sobre Artesa de Arte, os seus directivos, os seus empregados ou colaboradores ou das persoas que se relacionen na Páxina por calquera motivo ou dos Usuarios das Páxinas ou dos Contidos suministrados.
  • Non se declarará nin se dará a entender que Artesa de Arte autorizou a Hiperligazón ou que supervisase ou asumise de calquera xeito os Contidos ofrecidos ou postos ao dispor da páxina Web na que se establece a Hiperligazón.
  • A páxina Web na que se estableza a Hiperligazón só poderá conter o estrictamente preciso para identificar o destino da Hiperligazón.
  • A páxina Web na que se estableza a Hiperligazón non conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios ou que vulneren a calesqueira dereitos de terceiros.

 

Dispoñibilidade da Páxina

Artesa de Arte non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á Páxina, aos seus Contidos nin que istes se atopen actualizados, malia que desenvolverá os mellores esforzos para, no seu caso, evitalos, subsanalos ou actualizalos. Por conseguinte, Artesa de Arte non se responsabiliza dos danos ou perxuízos de calquera tipo producidos no Usuario que traian causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo do Portal durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

Artesa de Arte exclúe, coas excepcións contempladas na lexislación vixente, calquera responsabilidade polos danos e perxuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade, continuidade ou calidade do funcionamento da Páxina e dos Contidos, ao non cumprimento da expectativa de utilidade que os Usuarios puideren atribuir á Páxina e aos Contidos.

A función das Hiperligazóns que aparecen nesta Web é exclusivamente a de informar ao usuario sobre a existencia de outras Webs que conteñen información sobre a materia. As devanditas Hiperligazóns non constitúen suxestión nin recomendación algunha.

Artesa de Arte non se fai responsable dos contidos das devanditas Páxinas ligadas, do funcionamento ou utilidade das Hiperligazóns nin do resultado de ditas ligazóns nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nas mesmas, que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), os documentos ou os ficheiros do Usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao Usuario por esta causa.

O acceso á Páxina non implica a obriga por parte de Aretsa de Arte de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático danoso. Corresponde ao Usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas adecuadas para a detección e desifección de programas informáticos danosos, polo tanto, Artesa de Arte non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que poidan producirse durante a prestación do servizo da Páxina nin dos posibles danos que poidan causarse ao sistema informático do Usuario ou de terceiros (hardware e software), os ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presencia de virus no ordenador do Usuario utilizado para a conexión aos servizos e Contidos da Web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

 

Calidade de Páxina

Dada a entorna dinámica e cambiante da información e servizos que se suministran por medio da Páxina, Artesa de Arte realiza o seu maior esforzo por garantir a completa veracidade, exactitude, fiabilidade, utilidade e/ou actualidade dos Contidos.

A información contida nas páxinas que compoñen este Portal ponse ao dispor dos interesados con carácter informativo, consultivo, divulgativo e publicitario, entre outros.

 

Limitación

Artesa de Arte exclúe toda responsabilidade polas decisións que o Usuario poida tomar baseado nesta información cando a mesma sexa correcta, así como polas posibles incidencias alleas a Artesa de Arte. A información está sometida a posibles cambios periódicos sen previo aviso do seu contido pola ampliación, mellora, corrección ou actualización dos Contidos.

 

Notificacións

Todas as notificacións e comunicacións realizadas polas partes serán válidas de conformidade cos medios admitidos en Dereito. As relativas á presente Páxiina consideraranse eficaces, a todos os efectos, se se realizan a través da propia Páxina.

 

Dispoñibilidade dos Contidos

A prestación do servizo da Páxina e dos Contidos ten, en principio, duración indefinida. Artesa de Arte, non bostante e sen perxuízo dos dereitos contractualmente asumidos, queda autorizada para dar por rematada ou suspender a prestación do servizo da Páxina e/ou de calquera dos Contidos en calquera momento. Cando ilo sexa razoablemente posible, Artesa de Arte advertirá previamente do remate ou suspensión da Páxina.

 

Política de protección de datos persoais

 

1. Obxectivos

Mediante esta política de privacidade Artesa de Arte comunica aos usuarios do seu sitio web a política de protección de datos de carácter persoal que leva a cabo.

 

2. Tratamento dos datos de carácter persoal

2.1. Información ao Usuario

O destinatario de ditos datos será Artesa de Aret, segundo datos de identificación incorporados no cabezallo deste documento e, no seu caso, outras entidades do seu grupo coas que o Usuario formalice solicitudes de servizo específicas. A identidade porporciónase de xeito expreso no formulario empregado para a recompilación da información enviada.

Artesa de Arte, ben sexa a través dos formularios, ben sexa a través de comunicacións por e-mail, recolle e trata os datos de carácter persoal coas finalidades indicadas a continuación:

  • A tramitación e xestión da solicitude de información, precontrato ou contrato realizada polo usuario a través deste sitio, teléfono ou do correo electrónico.
  • A xestión en control dos servizos ofertados ofrecidos a través da páxina Web.
  • O envío de información sobre servizos e produtos de Artesa de Arte e do grupo de filiales, cuxa contratación puidera ser da interese do usuario.

Nos formularios de recollida de datos identificaranse, de xeito claro e evidente para o Usuario, aqueles campos e preguntas cuxa resposta é obrigada por razón de tratarse de datos precisos para a finalidade de que se trate.

2.2. Consentimento do Usuario

Coa confirmación do envío dos datos de carácter persoal, o Usuario consinte expresamente o tratamento distes por parte de Artesa de Arte e/ou as súas filiales, á que lle solicita o servizo ou relación para a que se recaban os mesmos.

2.3. Recollida e calidade dos datos

O Usuario comprométese a informar previamente ás persoas das que facilita os datos persoais, do contido da presente política de protección de datos de carácter persoal, facilitando ás mesmas, se fose preciso, copia impresa da mesma. O interesado declara ser maior de idade e ter capacidade suficiente para a contratación ou para o tratamento dos datos de que se trate. Artesa de Arte estará exenta de calquera responsabilidade polo incumprimento deste requisito. En cumprimento do principio de calidade dos datos persoais, expresado no artigo 4 da LOPD, o usuario comprométese a facilitar datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, de xeito que respondan con veracidade á situación deste. Cando os datos facilitados polo Usuario sexan falsos, incompletos, non actualizados ou inexactos, este será responsable de calquera perxuizo, directo ou indirecto, material ou inmaterial que por causa delo puidérase ocasionar a un terceiro ou a Artesa de Arte e as súas filiais coas que mantivese unha relación que implique os devanditos datos. Estas últimas resérvanse o dereito a extinguir os servizos proporcionados ao Usuario, así como calquera relación contractual pactada, sen perxuízo das demais accións que procedan en dereito.

2.4. Dereitos do Usuario (acceso, rectificación, cancelación e oposición)

Artesa de Arte informa ao usuario e/ou ao afectado dos datos, que pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición que lle recoñece a LOPD, de xeito gratuito e nos termos establecidos pola lexislación vixente ao efecto, dirixíndose ao Responsable do ficheiro mediante escrito ao enderezo indicado ou ben a info@artesadearte.gal

2.5. Responsables dos ficheiros

Os Responsables dos ficheiros comprométense a tratar os datos de carácter persoal proporcionados polo cliente con total confidencialidade e respetando as medidas técnicas e organizativas requeridas pola LOPD e polo Real Decreto 1720/2007, do 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de protección de datos de carácter persoal. Co mesmo ánimo e na súa calidade de propietaria e responsable dos ficheiros, Artesa de Arte ou as súas filiales, en cumprimento do artigo 26 da nomeada lei e conforme ás directrices do Rexistro Xeral de Datos Persoais da Axencia Española de Protección de Datos, inscribiron neste último os nomeados ficheiros correspondentes a cadansúa titularidade, os que contan co correspondente código de inscripción asignado polo devandito organismo.

 

3. Actualización da política

A presente política poderá ser modificada por causa de cambios nos requisitos establecidos pola lexislación vixente en cada momento, por decisións xudiciais e cambios xurisprudenciais, así como por cambios na actuación e estratexia empresarial de Artesa de Arte e as súas filiais. A publicación e acceso por parte dos usuarios, será realizada a través deste mesmo sitio, entendéndose que as relacións establecidas cos mesmos con anterioridade ao cambio, rexiranse polas normas previstas no momento no que se accedeu ao sitio Web para o seu establecemento.

 

Xurisdición

Para cantas cuestións se susciten sobre a interpretación, aplicación e cumprimento deste Aviso Legal, así como das reclamacións que poidan derivarse do seu uso, todas as partes interviñentes sométense aos Xulgados e Tribunais da Coruña, renunciando de xeito expreso a calquera outro foro que puidera corresponderlles. No caso de contratación con consumidores, a competencia xudicial rexirase pola normativa que resulte de aplicación.

 

Lexislación aplicable

O Aviso Legal ríxese pola lei española.

Close