Artabe

artesa-de-arte-artabe

Rubén inicia su a súa carreira musical nos anos 90, formando parte de diferentes grupos de rock da súa cidade natal, onde desenrola labores de guitarrista, composición e letrista. Durante aqueles anos integra outras formacións, coma as compostelás “Neusia” ou “Fakir”. Xa no ano 2013 a súa vida creativa da un xiro e comeza a súa propia andaina coma solista, sen descoidar as colaboracións.

Nun primeiro momento desa nova etapa, Artabe decide reducir a canción á súa esencia, para darlle protagonismo á mensaxe. O resultado é “Pura Canción”, unha maqueta que contén boa parte desa nova produción e cuxo repertorio interpreta en vivo en numerosos concertos ó longo e ancho do país galego e a través das numerosas colaboracións desinteresadas en actos e iniciativas cidadás ás que é convidado.

Co obxectivo de plasmar este novo camiño artístico nun disco máis elaborado, no mes de marzo do 2014 graba, nos estudos Abrigueiro de Friol (Lugo) o seu primeiro CD “Canciones de Pan”, producido por Arturo Vaquero. Para esta gravación conta coa preciada colaboración de Soraya García (frauta traveseira, piano e voz), Andrea Gómez Navarrete (acordeón), Chema Díaz Couce (percusión) e Alejandro Masafret (baixo), todos eles músicos profesionais.

Con este novo formato as súas cancións gañan cor, textura e forza, conxugando a instrumentación máis clásica coas posibilidades das novas tecnoloxías, evidenciadas nos arranxos e percusión minimalista dalgunhas das composicións de “Canciones de Pan”. Para Artabre son un referente aqueles autores que experimentan con diferentes estilos baixo un prisma sempre persoal e innovador.

Amante da poesía, literatura e da canción popular, o artista ferrolán destaca a inspiración da figura do Deus Pan na súa obra máis recente, coma símbolo do poder creativo que todo ser humano leva no seu interior, así como o do elemento da natureza Terra, coma catalizador de toda esa enerxía. Todo iso é Rubén Artabe, forza creativa e enerxía da Terra mesma.