“Abrazada a las peonzas”, de Carlos Quintas chega á Artesa

Entra na Artesa o noso primeiro libro de edición en papel e non podía ser máis bonito: “Abrazada a las peonzas” é un libro de habitación pechada e persiás a media asta. Un diario de caricaturas sobre un mesmo corazón, para romper, pintar, tirar ou espirse. Un libro no que Carlos Quintas derrocha sentimento.

Abrazada a las peonzas - Carlos Quintas - Artesa de ArteComprácenos enormemente pois, poder ofrecervos dende hoxe estas 139 páxinas de poemas de introspección, acompañados das ilustracións in teriores de David Fernández Bueno. As tapas son unha cousa bonita de Lourdes Iglesias Rodríguez e o prólogo a cargo de Defreds.

Giros.

Girar y mantenerse sin caer.

Dende hoxe podes facerte con el na Tenda da Artesa 24/7 e na nosa oficina da Coruña, na rolda de Outeiro, 271 (OfiTempalia) de luns a venres entre as 9:30 e as 14:00 horas.

Chegou o momento. ¡Desfruten!

 

Abrazada a las peonzas na Tenda da Artesa

 

Aínda non coñeces ao seu autor? Contámosche algo sobre el:

Carlos Quintas naceu en Maceda (Ourense) un 11 de Xaneiro do 1986 e -como se agardaría de quen nace un sábado de madrugada- rematou por falar de poesía e cancións.

Agatuñou un par de anos antes de comezar a tropezar. Tocou un bolígrafo aos dous e unha guitarra aos doce ou trece anos, malia que non chegaría a apertarse a eles ata ben pasada a veintena.

Buceou nas ciencias naturais e no fútbol, pero sempre acaba asomando a cabeza para coller aire cun par de versos ou refráns.

E agora acó estamos, emprendendo camiño con el e coas súas buxainas, que son para virar ou para apertarse, porque para poder rir, hai que saber chorarse.

Podes saber máis del no seu facebook e axiña tamén na súa propia páxina na Artesa.

Deixa un comentario